Axudamos a que atopes o financiamento que precisas para impulsar os teus proxectos innovadores.
axudas.gal é unha plataforma web que integra información relevante sobre axudas e outros incentivos promovidos por administracións públicas e organismos financiadores, para incentivar e manter a actividade innovadora.
Amosamos as diferentes fontes de financiamento existentes no noso país, a nivel local, provincial, autonómico e nacional, incluíndo tamén as principais axudas da UE.
Todo elo coa asistencia técnica permanente dun grupo de expertos, co fin de que poidas coñecer o financiamento público e privada máis idónea para cada un dos teus proxectos.
axudas.gal amosa dunha forma rápida e práctica as axudas e incentivos publicados por administracións públicas e organismos financiadores.
Recollemos incentivos en forma de subvencións, préstamos, beneficios fiscais ou avais, entre outros e ofrecemos información con tres niveis de apoio:
Ofrecemos asistencia técnica para que poidas atopar a axuda ou incentivo máis axeitados as túas necesidades e capacidades.
axudas.gal é unha iniciativa de INNPLICA Innovación Aplicada, onde traballamos a diario, na captación e xestión de axudas públicas para empresas de diferentes tamaños e sectores de actividade.
En INNPLICA somos expertos en innovación real. A nosa experiencia de máis de 15 anos en consultoría, fainos estar especializados en promover e rendabilizar os desenvolvementos tecnolóxicos das organizacións, alcanzando un amplo coñecemento na procura e xestión das diferentes fontes de financiamento para apoiar as actividades de I+D+i da organización.
Facilitamos a obtención doutros incentivos, como as deducións fiscais pola realización de actividades de I+D+i ou a aplicación de bonificacións nas aportacións empresariais ás cotas da Seguridade Social por persoal investigador.
Os nosos servizos son integrais, abarcando todo o ciclo innovador dunha organización: dende a definición do negocio, a xeración de novos produtos e servizos, ata alcanzar a excelencia.Procuramos sempre impulsar a innovación, rendabilizar os seus resultados e favorecer a comercialización destes, para acadar empresas máis competivas.